startups R 1+

conectamos a tecnoloxía, as capacidades e a comunidade innovadora de R coas startups

únete

en que consiste?

porque cando empezan, todas as novas empresas necesitan unha axuda. R quere achegar o seu gran de area para que teñamos máis e máis empresas innovadoras. Non esiximos capital nin retorno económico. É un compromiso

startups R 1+ é o programa que conecta a tecnoloxía, as capacidades e a comunidade innovadora de R con startups, aceleradoras, clientes e sectores produtivos

queremos apoiar a 100 startups nesta primeira edición

requisitos

para participar neste programa, cómpre que a túa startup estea constituída con sede en Galicia e ter menos de 5 anos de antigüidade; e que o teu proxecto teña pasado ou estea seleccionado por un dos programas de incubación ou aceleración das entidades ou iniciativas coas que colabora R

valoraremos o encaixe estratéxico, o grao de madurez e o potencial de cada proposta

a que empresas se dirixe startups startups R 1+?

a iniciativa startups R 1+ diríxese principalmente a startups tecnolóxicas en áreas estratéxicas para R. Tamén se poden beneficiar startups tecnolóxicas en xeral e startups innovadoras cun proxecto de alcance global

as nosas áreas estratéxicas

  • internet das cousas

  • intelixencia artificial

  • wifi e 5G

  • ciberseguridade

  • novos tipos de contidos

valoraremos o encaixe estratéxico, o grao de madurez e o potencial de cada proposta

beneficios para as startups

R apoiará de forma desinteresada ás startups seleccionadas con:

todos os beneficios
  • servizos de telecomunicación

  • servizos avanzados de datacenter

  • equipamento para desenvolvementos

estudo de compra de produtos e servizos por parte de R

formación e workshops,contacto cos líderes tecnolóxicos dentro de R

networking coa rede de partners e visibilidade en eventos e medios de R

publicidadeconxunta e publicidade patrocinada

startups

así é como se presentan as startups que xa participaron ou o están facendo na actualidade

todas as startups
Citious Team

"plataforma Saas de márketing de personalización intelixente que ofrece contido personalizado a cada cliente de forma automática conseguindo aumentar a taxa de conversión das tendas online"

ir a converfit.com

Eccocar Sharing

"plataforma de Car Sharing entre particulares e solucións a medida para empresas e rent-a-cars"

ir a eccocar.com

Inprosec-Auto

"Inprosec Auto especialízase en tres ámbitos da ciberseguridade: Asesoría para cumprimento legal e normativo de seguridade da información (ISO 27001, VDA-ISA e RGPD) incluíndo charlas de concienciación e formativas, ciberseguridade nos sistemas industriais 4.0 e seguridade en produtos como vehículo conectado"

ir a inprosec.com

Lightbee Mobility

"Lightbee Mobility xorde como unha empresa que xera un valor engadido á introdución de Iluminación de estado sólido (LED) nos vehículos e abre a oportunidade para a integración de enlaces ópticos sen fíos pola tecnoloxía Visible Light Communications"

ir a lightbeecorp.com

Muutech

"servizo de monitoraxe integral centralizado de elementos de rede e procesos produtivos que permite de forma sinxela e escalable a recollida, análise predictivo e almacenado de datos en tempo real. Facilita a xestión e control da súa empresa a partir de cadros de mando personalizados e informes adecuados ás súas necesidades"

ir a muutech.com

Opositatest

"o teu preparador online - Plataforma online para a preparación de oposicións"

ir a opositatest.com

OVIXIA

"o dato. a nosa obsesión é o dato. E a imaxe. Unha imaxe vale máis que mil palabras. Pero as palabras están sobrevaloradas. Podes falar e falar e non dicir nada. ¡Necesito datos! !Isto é un posto de mando! Iso si, iso si é o noso"

ir a ovixia.com

PsicoVR

"PsicoVR é un software de realidade virtual desenvolvido para ser utilizado por psicólogos no tratamento de fobias e trastornos relacionados coa tensión, ansiedade ou pánico"

ir a psicovr.com

Qubiotech Health Intelligence

"plataforma cloud para cuantificación de neuroimagen para axuda ao diagnóstico"

ir a qubiotech.com

Send2me Last Mile

"Send2me nace co obxectivo de que o repartidor de paquetería poida deixar a túa compra online aínda que a túa non esteas na casa. Imaxínasche volver dispoñer de ti tempo mentres os teus paquetes esperan por ti?"

ir a send2me.es

Siccae Ventures

"Siccae Ventures é o paraugas baixo o que se aloxan diferentes marcas de moda dixitais xestionadas verticalmente. Identificamos, valiamos e exprimimos tendencias online"

ir a siccaeventures.com

Situm

"Situm prové localización en interiores de alta precisión coa mínima infraestrutura, dándolle a calquera usuario a súa posición en calquera lugar"

ir a situm.es

VMS Automotive

"VMS desenvolve un vehículo de tres rodas totalmente eléctrico que incorpora novidades tecnolóxicas, de conectividade e de seguridade que fan dela unha alternativa totalmente rompedora"

ir a vmsautomotive.com

3P Ventures

"WeKAb é a primeira plataforma especializada en formadores e expertos do ámbito da formación para o emprego ou "lifelong learning".En  WeKAb ”Conectamos coñecemento” poñendo en contacto a formadores e empresas  formadoras, de forma áxil, e co factor reputación como eixo central"

ir a wekab.com

únete

contacta connosco a través do seguinte formulario

inclúe os datos máis importantes do proxecto, así como as empresas que o formades. Presentación breve que conta a idea, produto ou servizo, problemas ao que lle dades solución, mercado, datos financeiros, modelo de negocio e equipo

subir presentación
El tamaño de la presentación no puede ser superior a 10 MB GL

participastes nalgún programa de emprendemento das seguintes entidades ou iniciativas?

se necesitas realizar algunha consulta, utiliza o seguinte correo electrónico:

startups@mundo-r.com

As webs utilizan cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e personalizar a publicidade. Se segues navegando entendemos que consentes o seu uso. Tes +info. en política de cookies Aceptar